Camping A Gaivota

Camping próximo á Praia das Catedrais

Deseñado e construido polo pintor Celso Dourado.

Orixinalidade na súa arquitectura

Salienta a súa orixinal e bela arquitectura, onde a madeira, o cristal e a pedra son os elementos principais da súa construcción.

Entorno rural sobre a praia lucense

O seu emplazamento caracterízase por estar ubicado no corazón dos oito kilómetros de areais de Barreiros, con acceso directo ás praias, conectadas entre si por un grande paseo que remata na coñecida praia das Catedrais.

Zona de acampada completamente arbolada

Posúe un área de acampada totalmente arbolada e delimitada por sebes vexetais que dan acceso os servicios, dotados de auga quente de balde.

Todos os servicios

Ademáis do bar-cafetería, tenda de alimentación, parque infantil, ten unha zona de grellas, bañeira para bebés, lavadora, secadora, así como información de roteiros para coñecemento turístico e etnográfico da bisbarra. WIFI gratuito.